Tres novos falecidos con covid, un deles de 58 anos

Xa son 2.360 as vítimas en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2021 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este venres de tres novos falecidos con covid-19, que elevan a 2.360 o total de vítimas desde o inicio da pandemia na comunidade galega.

O tres presentaban patoloxías previas e un deles faleceu o luns, en concreto un home de 58 anos que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario da Coruña. Os outros dous, rexistrados este martes, foron dúas mulleres de 86 e 74 anos, respectivamente, que tamén se atopaban ingresadas no Chuvi e no Chuac.

Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao
Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta