Arquivado o expediente sobre o antigo edificio Fenosa da Coruña

É un asunto xa finalizado", dixo recoñecendo dixo a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o "proceso longo" que supuxo este caso, inmerso durante máis de 20 anos en procesos xudiciais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2021 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Concello da Coruña tomou coñecemento este mércores do arquivo do expediente fronte a "eventuais responsabilidades dos arquitectos" en relación co proxecto do antigo edificio de Fenosa.

Así o confirmou a alcaldesa, Inés Rey, a preguntas dos xornalistas. "É un asunto xa finalizado", dixo recoñecendo o "proceso longo" que supuxo este caso, inmerso durante máis de 20 anos en procesos xudiciais e cunha sentenza que obrigaba á derriba do edificio, cuxa licenza se concedeu durante a etapa de goberno do exalcalde Francisco Vázquez.

Finalmente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aceptou, en 2019, o acordo alcanzado entre as partes: a comunidade de propietarios, o denunciante e o concello.

Mediante o mesmo, determinouse "a substitución da execución in natura por unha serie de medidas", entre eles o pago dunha indemización ao denunciante e o compromiso por parte do consistorio de promover un edificio de vivendas sociais.

Edificio Fenosa.
Edificio Fenosa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta