Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2021 | Actualizada ás 21:03
As autoridades sanitarias informaron de tres novos falecidos con covid-19, que eleva a 2.362 o total de vítimas da pandemia na comunidade galega.
En concreto, trátase dun home de 95 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Vigo, ademais doutras dúas mulleres de 79 e 87 anos que se atopaban no Complexo Hospitalario de Ferrol e no de Pontevedra, respectivamente.
O tres presentaban patoloxías previas, segundo engaden desde a Consellería de Sanidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.