Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/04/2021 | Actualizada ás 14:07
Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --escolas infantís e ensino non universitario-- descenderon lixeiramente a 348, o que supón un menos da primeira xornada de clase tras o parón lectivo de Semana Santa.
Segundo os datos actualizados este xoves polas consellerías de Educación e Sanidade, tras arrincar as clases despois das vacacións de Semana Santa sen aulas nin centros pechados, na segunda xornada lectiva hai unha clase inoperativa, no CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, onde hai un positivo.
Por áreas sanitarias, os casos activos nos centros educativos baixan nas da Coruña --un menos-- e Ferrol --catro menos--, soben nas de Ourense --un máis-- e Pontevedra --tres mais--, e seguen igual nas de Santiago, Lugo e Vigo.
A área da Coruña segue á cabeza co maior número de casos activos, 113, o que supón un menos que a pasada xornada. O IES Murguía de Arteixo presenta o maior número de contaxios, con oito, que supoñen dous menos.
Tras ela, sitúase a área de Vigo, que mantén 103 casos activos, co CPR Plurilingüe Casa da Virxe de Cangas con máis contaxios, un total de sete.
Mentres, a área de Pontevedra e O Salnés sobe a 57 contaxios --tres máis que a xornada anterior--. O CIFP A Xunqueira de Pontevedra segue co maior número de casos, cinco.
Pola súa banda, a área de Santiago concentra 43 casos activos, os mesmos que o día anterior, co CPR Plurilingüe La Salle e o IES Antonio Fraguas á cabeza, con catro en cada caso. Ademais, ata a data conta coa única aula pechada en Galicia, por un positivo no CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces.
Séguelle a área de Ferrol, con 15 casos activos --catro menos--, co centro CPR Tirso de Molina con catro contaxios, o que supón un menos que o día anterior.
E con menos casos de Covid-19 sitúanse as áreas de Ourense, que conta con nove --un máis-- noutros tantos centros --uno en cada--, e Lugo, con oito --igual que a xornada anterior-- en sete instalacións educativas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.