Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/09/2013 | Actualizada ás 14:46
"Los ojos son una de las partes más delicadas del cuerpo humano... Tú eres consciente. Identifica los riesgos y evítalos con comportamientos seguros". Este é o lema que utilizou a multinacional francesa PSA Peugeot Citröen nunha campaña corporativa interna de riscos laborais na factoría en Vigo na que utilizou o rostro de Ester Quintana, a muller que perdeu un ollo durante as protestas e posteriores cargas policias da Policía catalana nas manifestacións do 14N en Barcelona, durante a folga xeral.
A polémica saltou nas redes sociais e nun par de horas revolucionou Twitter e Facebook. De feito, un dos xornalistas que publicou na súa conta de Twitter a campaña publicitaria, Roger Palà, subliñou que confirmou coa plataforma que axuda a Eshter Quintana que a empresa automobilística non tiña permiso para usar esa foto.
De feito, a afectada estuda iniciar accións legais contra a planta de produción de Citroën en Vigo por usar a súa imaxe sen permiso. Laia Serra, a avogada de Quintana, declarou a El Periódico de Catalunya que este caso pode constituír "un delito de uso indebido da propia imaxe e de vulneración do dereito ao honor".
Nun breve comunicado publicado no seu blog corporativo, PSA Peugeot Citroën en Vigo lamentou o "malestar" causado e pediu desculpas "a todos aquellos que hayan podido sentirse ofendidos". Esta é a nota publicada pola compañía:
Este cartel formó parte de una campaña de prevención de riesgos laborales dirigida a los trabajadores del centro de producción de PSA Peugeot Citroën en Vigo y realizada exclusivamente en el interior de sus instalaciones. Su objetivo era concienciar a los empleados sobre las consecuencias de los accidentes para promover actitudes que eviten los riesgos.
El centro de producción de PSA Peugeot Citroën en Vigo lamenta el malestar que ha podido provocar y confirma que estos carteles fueron retirados de sus instalaciones. La factoría de Vigo pide disculpas a todos aquellos que hayan podido sentirse ofendidos.
A foto vai asinada por PSA Peugeot Citröen Centro de Vigo e ilustra a campaña publicitaria que esta marca fixo en xullo baixo o lema "Cumpliendo el estándar, garantizo mi seguridad".
De feito, nas redes sociais xa circula unha carta para que lle sexa remitida a Juan Antonio Muñóz Codina, director de PSA-Vigo, coma suposto responsable desta campaña: "Estimado señor, le deseo en lo más profundo de mi corazon que venda muchos coches pero menos de lo que le deseo que algún día se de cuenta de lo que significa perder un ojo. Y no por un accidente con uno de sus seguros coches, no. Si no por una agresión de un desalmado que no valora las consecuencias de sus actos, exactamente lo mismo que usted", recolle esta carta.
"Sin más, siga usted utilizando la desgracia ajena para llenarse los bolsillos.... Con todo mi respeto hacia la señora Quintana y deseando que se de cuenta que un ojo humano vale más que cualquiera de sus coches y que usted no es más sucio, mentalmente, porque no existe tanta suciedad, se despide", finaliza a misiva que vai ademais, acompañada dun correo electrónico da empresa e un teléfono.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.