O Concello de Ferrol e inmobiliarias facilitarán o acceso a vivendas de aluguer co programa "Vivenda Inclusiva"

Con esta iniciativa tanto o Concello como as empresas colaboradoras facilitarán o acceso a vivendas de aluguer a persoas en risco social ou vulnerabilidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A iniciativa 'Vivenda Inclusiva' está dirixida a favorecer o acceso a unha vivenda de aluguer ás persoas en situación de vulnerabilidade e risco social usuarias do plan municipal 'Ferrol, Cidade Inclusiva'.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), e o presidente da Asociación de Profesionais Inmobiliarios do Noroeste (APIN), Francisco Pérez, asinaron este martes un convenio de colaboración para sacar adiante esta medida.

"Apoiar ás persoas vulnerables, no acceso ao aluguer dunha vivenda nun momento como este, no que máis que nunca é moi importante asegurar un lugar digno no que vivir a este colectivo", engade Mato. Así, o rexedor felicitou o traballo desenvolvido pola Concellaría de Benestar Social e a citada entidade, que aglutina a varias inmobiliarias, para sacar adiante un servizo "pioneiro".

Este convenio establece un marco de colaboración para levar a cabo acciones de mediación e asesoramento co fin de facilitar e axilizar o acceso ás vivendas de aluguer, velando polos intereses tanto dos propietarios como dos inquilinos. A iniciativa comezará esta mesma semana e estenderase durante seis meses, ata o 15 de outubro, onde non se descartar a súa ampliación.

Ao Concello de Ferrol correspóndelle seleccionar ás familias que se adapten ás características do programa e dispoñan de ingresos suficientes para asumir gastos derivados da vivenda. Tamén mediar para o acceso á mesma, o seu mantemento e dar a coñecer as inmobiliarias participantes, que serán recoñecidas como colaboradoras do plan de inclusión de Ferrol.

Os técnicos municipais tamén serán os encargados de informar aos implicados do estado da tramitación, prazos de pago e duración das posibles axudas destinadas ao pago dos gastos da vivenda, acompañando na procura de aloxamento e alcanzando o compromiso do inquilino con este programa, coa firma dun acordo cos deberes e accións.

VISITAS PERIÓDICAS

Ao mesmo tempo, os técnicos municipais realizarán un seguimento periódico, con visitas domiciliarias durante o tempo que dure o programa. Pola súa banda, desde a Asociación de Profesionais Inmobiliarios do Noroeste, comprométense á procura de vivendas de aluguer, especificando as necesidades e características da vivenda solicitada en cada caso.

A entidade tamén se encargará de difundir a dita demanda entre as inmobiliarias pertencentes á asociación, ademais de trasladar ao Concello unha relación de inmobiliarias interesadas en participar no programa e garantirá que as vivendas ofertadas reúnan os requisitos mínimos de habitabilidade.

Vivenda en aluguer / Europa Press. / Europa Press
Vivenda en aluguer / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta