Moitos estudantes de intercambio encontran unha gran cantidade de problemas á hora de buscar unha vivenda no lugar no que van cursar os estudos
  comenta   0
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos critica que a demandante non fora informada para impugnar a demolición dunha vivenda. Esta casa foi mercada a unha inmobiliaria que xa fora sancionada pola Xunta.
  comenta   0
A súa última adquisición en Escocia por 237 millóns supón case un terzo do que percibirá esta semana pola retribución da téxtil.
  comenta   0
Hai dous anos declarábase oficialmente a existencia dunha pandemia provocada pola COVID19. De non existir o actual conflito bélico orixinado pola intervención militar do goberno de Putin en Ucraína, estariamos aproveitando este aniversario para afondar nos debates sobre unha das maiores catástrofes sanitarias padecidas pola humanidade no último século. A necesidade de sistematizar un balance do sucedido dende o mes de marzo de 2020 resulta indiscutíbel no caso de existir a vontade de incorporar as ensinanzas que se derivan desta traxedia.
  comenta   0
A falta de oferta de vivenda para alugar impide a emancipación dos máis novos para viviren de maneira independente. Á parte, a mesma escaseza fai que, ás veces, as rendas sexan tan elevadas que mesmo con dous salarios é imposible pagalas. Tamén os propietarios de pisos reacios a alugar moitas veces ante o que ven como falta de seguridade para cobrar e como facer fronte a gastos inseperados como son os danos causados por inquilinos.
  comenta   0
As macrogranxas cárnicas industrias comezan a ser un problema medioambiental. A falta dunha política de depuración dos milleiros de toneladas de residuos pode provocar que se repitan episodios como os vividos en Santiago. “E o que aconteceu en Santiago é irrisorio en comparación co que pasa na Limia”, apunta os ecoloxistas que falan xa dunha auténtica e nova "burbulla" económica, a das macrogranxas, a punto de estoupar.
  comenta   0
Reduce a 14.075 millóns o valor da súa carteira inmobiliaria. É a primeira caída na historia do 'family office' de Amancio Ortega, constituído en 2001
  comenta   0
Trátase dun edificio cunha superficie de 5.700 metros cadrados, que ten como inquilinos á firma de capital risco Cinven e ao fondo especializado en investimentos en atención médica GHO Capital.
  comenta   0
O banco foi multado en 2020 por depositar residuos nunha zona protexida da antiga Lagoa de Antela. Amigos da Terra asegura que o lixo segue aí e que veñen de interpoñer unha nova denuncia.
  comenta   0
Carlo Ancelotti e Ildefonso Falcones entran na lista de morosos con Facenda e regresan Intre e Alves
  comenta   1
Cada día hai menos carteis de #SeVende ou #SeAlquila nas fiestras de Monte Alto. Porén o movemento inmobiliario no barrio herculino máis de moda da última década segue medrando. O mercado hoxe en día xestiónase na rede, onde plataformas como Idealista ou Fotocasa serven de escaparate para as ducias de inmobiliarias que traballan na zona.
  comenta   0
Un estudo sobre a evolución da estrutura econonómica de Galicia tras a crise da burbulla inmobiliaria analiza as súas fortalezas e as súas debilidades. Entre as conclusións, a importancia do sector da pesca e do agro e as grandes evias nos sectores industriais tecnoloxicamente máis dinámicos e os servizos a empresas máis intensivos en coñecemento.
  comenta   0
A través desta ferramenta a Administración prretende poñer en contacto aos propietarios de inmobles en núcleos abandonados con quen estea interesado na súa adquisición.
  comenta   1
A compravenda de vivenda rexistra un descenso do 9% en Galicia en xaneiro. A baixada é anterior á crise polo coronavirus.
  comenta   0
Unha inmobiliaria puxo á venda por 250.000 euros os terreos e edificios do Museo de Rande suliñando que eran da familia Martínez-Bordiu. O Concello de Redondela saíu ao paso negando a titularidade desa propiedade.
Un de cada tres municipios de Galicia perdeu a máis da metade dos seus veciños desde 1981. Alcaldes de concellos pequenos din sentirse "nada apoiados" porque "a presión" que poden facer os seus habitantes "é pequena".
  comenta   13