Por Europa Press / Redacción | MADRID | 18/08/2025 | Actualizada ás 12:20
A Coruña e Pontevedra chegaron a máximos do prezo da vivenda, superior ao da famosa burbulla inmobiliara de 2008, durante algún momento de 2025. Tamén Andalucía, Baleares, Canarias, Comunidade Valenciana e Madrid superaron en xullo de 2025 o prezo máximo en compra de vivenda de segunda man alcanzado durante os anos da burbulla inmobiliaria, segundo o Índice Inmobiliario Fotocasa.
"Probablemente, se o ritmo de encarecemento se mantén, o ano que vén, toda España, alcanzará prezos máximos", indicou a directora de Estudos e portavoz de Fotocasa, María Matogueiras.
No caso das capitais de provincia hai 11 delas que chegaron a máximos durante algún momento de 2025. Trátase de Málaga, Teruel, Alacante, Valencia, A Coruña, Madrid, Santa Cruz de Tenerife, Las Palmas de Gran Canaria, San Sebastián, Palma de Mallorca e Pontevedra.
"A accesibilidade á vivenda está en risco debido a que o esforzo salarial que os compradores teñen que realizar está no seu punto máis alto. Mentres a oferta non aumente, o tensionamiento dos prezos manterase", concluíu Matogueiras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.