Galicia camiña cara a turistización do emprego

Son case 100.000 os traballadores empregados no sector, case un 2% máis este xullo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/08/2025 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

O número de afiliados á Seguridade Social vinculados a actividades turísticas creceu en Galicia un 1,8% en xullo respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata situarse en 96.620, segundo datos de Turespaña feitos públicos este luns polo Ministerio de Industria e Turismo.

A variación interanual en termos absolutos foi de 1.670, cun número de persoas asalariadas que ascende a 74.139 e de autónomos que se sitúa en 22.481. No caso dos asalariados, crece un 2,3 por cento. Trátase tanto de afiliados en hostalaría, axencias de viaxe e operadores turísticos

A nivel estatal, o úmero de afiliados á Seguridade Social vinculados a actividades turísticas creceu un 2,9% en xullo respecto ao mesmo mes do ano anterior, aumentando en termos absolutos en 82.821 traballadores, ata alcanzar unha cifra total de 2,98 millóns, segundo datos de Turespaña feitos públicos este luns polo Ministerio de Industria e Turismo.

Desta forma, en xullo continuou a tendencia de aumento interanual do número de afiliados que se iniciou en xuño do 2021. Os afiliados en actividades turísticas supoñen o 13,8% do total de afiliados na economía española. O total de afiliados no conxunto da economía española creceu un 2,3% interanual en xullo.

A variación dos afiliados foi positiva en todas as ramas turísticas durante o mes de xullo. En hostalaría rexistrouse un aumento de 40.157 afiliados (16.708 nos servizos de aloxamento e 23.449 nos servizos de comidas e bebidas), mentres que en axencias de viaxes foi de 1.014 traballadores. Nas outras actividades turísticas o incremento foi de 41.650 traballadores.

Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela
Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta