A facturación do sector servizos crece un 3,6% en xuño en Galicia

Tamén aumenta a facturación da industria galega crece un 0,5% en xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2025 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

O sector servizos de Galicia rexistrou un aumento da súa facturación do 3,6% en xuño, en comparación co mesmo mes de 2024, segundo datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.

Esta cifra supón un incremento 2,8 puntos inferior ao da media nacional, xa que no total de España o sector servizos aumentou a súa facturación un 6,4% nos últimos 12 meses. No que vai de ano, as empresas dedicadas aos servizos en Galicia viron crecer un 3,7% a súa cifra de negocios de media e un 4,5% a nivel estatal

En cando á ocupación, subiu en Galicia un 1,4% en xuño en relación ao mesmo mes de 2024 e un 1,3% no que vai de ano. A nivel nacional, estes incrementos foron do 1,5% e do 1,4%, respectivamente.

Facturación sector servizos. ICANE - Arquivo
Facturación sector servizos. ICANE - Arquivo

INDUSTRIA

Pola súa banda, a cifra de negocios da industria galega subiu un 0,5% en xuño, en relación co mesmo mes de 2025, segundo datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE),recollidos por Europa Press.

Isto supón un incremento case tres puntos inferior que o da media estatal, xa que o total da industria española rexistrou un aumento da súa facturación do 3,4% en xuño. Así, a industria galega reduciu a súa cifra de negocio entre maio e xuño nun 3,2%, a pesar da subida do 0,2% do total de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta