Premio PEL da Deputación da Coruña para Severino Escurís, presidente honorífico de Actemsa

O acto contou tamén coa presenza da deputada de Emprego, Rosa Ana García; do alcalde da Pobra, José Carlos Vidal; a concelleira Patricia Lojo, así como a familia de Severino Escurís.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2025 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, entregou o Premio PEL á traxectoria empresarial a Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, nun acto celebrado na sede da empresa na Pobra do Caramiñal.

O acto contou tamén coa presenza da deputada de Emprego, Rosa Ana García; do alcalde da Pobra, José Carlos Vidal; a concelleira Patricia Lojo, así como a familia de Severino Escurís.

Por ota parte, nesta xornada, Formoso e Rosa Ana García visitaron este mércores o concello de Porto do Son, onde foron recibidos polo alcalde, Luís Oujo, e os portavoces municipais do PSOE e do BNG. O presidente provincial subliñou que a Deputación acumula un investimento de máis de 16 millóns de euros no municipio.

Noutra orde de cousas, o Boletín Oficial da Provincia publicou a concesión definitiva do programa FO203, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025.

DEMANDA DE LIMPEZA EN VIAS

Todo iso nunha xornada na que os concellos de Oroso, Ordes e Frades reclamaron ao organismo provincial que se faga cargo do mantemento de vías provinciais e proceda de urxencia á limpeza da DP-3802 e a DP-3801.

Os seus alcaldes, Alexánder Doval, José Luís Martínez Sanjurjo e Roberto Rey, respectivamente, denunciaron especialmente o que consideran "deficiente estado de limpeza" da estrada DP-3802, desde Ordes ata Ponche Carreira, que atravesa o tres localidades.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, entrega ao empresario Severino Escurís o Premio PEL. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, entrega ao empresario Severino Escurís o Premio PEL. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta