Un novo equipo para liderar o PSdeG

Tal e como adiantou GC, Pilar Cancela será a secretaria de organización do PSdeG. Fernández, Meijón e Puentes incorpóranse a unha Comisión Executiva Nacional Galega apoiada polo 68% dos votos. Lista completa no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/09/2013 | Actualizada ás 23:28

Comparte esta noticia

José Ramón Gómez Besteiro, o vencedor das primarias celebradas o pasado 7 de setembro, foi ratificado como secretario xeral do PSdeG co 95 por cento dos votos dos delegados do congreso extraordinario que os socialistas galegos celebraron este domingo en Santiago

PSdeG
PSdeG

Na consulta previa, recibira o apoio de case o 77 por cento dos militantes socialistas que se achegaron ás urnas, é dicir, un total de 5.542 afiliados.

Este domingo, malia que había 607 compromisarios con dereito a voto, unicamente participaron depositando a súa papeleta nas urnas consignadas para iso no Auditorio de Galicia un total de 549. Deles, un total de 520 foron a parar á candidatura de Besteiro, mentres que outras 29 persoas optaron por votar en branco. 

Como adiantou este xornal, a ex directora xeral de Relacións Laborais con Touriño é a secretaria de Organización. Pilar Cancela admitiu ante os medios que foi directora xeral nove meses durante o último Goberno de Manuel Fraga, cargo no que repetiu na lexislatura do bipartito, pero que unicamente militou no PSdeG, partido ao que se incorporou en 2005.

O resto de nomes da  Comisión Executiva Nacional Galega é o seguinte:

Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG
Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG

Secretaría de Política Industrial: David Regades (Vigo) Ex xerente de Instalectra.

Foi xefe de gabinete de prensa no Concello de Vigo. Actualmente é Concelleiro de Fomento.

Secretaría de Políticas Demográficas, Estudos e Programas: Pedro Armas (A Coruña) Vicesecretario Xeral da Agrupación Socialista Coruñesa. Foi profesor das

universidades Complutense de Madrid e da Coruña, nas que ocupou distintos cargos académicos, é autor de libros e artigos sobre xeopolítica, ordenación do territorio e desenvolvemento local. Foi Director da Alta Inspección do Estado en Galicia e Delegado Provincial de Educación da Xunta de Galicia na Coruña.

Secretaría de Relacións Institucionais: Guillermo Meijón Couselo (Pontevedra) Deputado no Congreso. Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Foi concelleiro en Pontevedra (1999-2005) e deputado no Parlamento de Galicia (2005-2011). Foi membro da dirección de FETE-UGT en Galicia.

Secretaría de Economía: Xaime Barreiro Gil (Santiago, A Coruña). É doutor en Economía pola USC, en cuxa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, da que foi Decano entre 2003 e 2007, imparte docencia na área de Historia e Institucións Económicas. Foi senador pola provincia da Coruña entre 1982 e 1996.

Secretaría de Política Fiscal e Financeira: Agustín Fernández (Ourense) Alcalde de Ourense. É inspector de Facenda. Desde 2009 ocupaba a concellería de Economía e Facenda do Concello de Ourense.

Secretaría de Administración e Acción Electoral: Luis Ángel Lago Lage (Rábade, Lugo) Licenciado en Xeografía e Historia, é profesor de Educación Secundaria. Foi deputado provincial, senador e secretario provincial do PSdeG, ademáis de concelleiro en Cervo.

Secretaría de Reactivación do Emprego: Olga Alonso Suárez (Vigo). Foi secretaria comarcal de UGT, cunha intensa actividade no sindicato. Directora e profesora no colexio Teis-Frian. Concelleira no Concello de Vigo.

Secretaría de Dereitos Cidadáns e Movementos Sociais: Iván Puentes (Fene, A Coruña). Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo. Foi alcalde de Fene.

Secretaría de Cultura, Educación e Investigación: Vicente Docasar (Monforte, Lugo). Deputado do PSdeG no parlamento de Galicia e voceiro de Educación. Catedrático de Francés e ex director do IES Daviña Rey de Monforte. Diputado Partido Socialista en el Parlamento de Galicia. Catedrático de Francés y Ex- Director IES Daviña Rey de Monforte.

Secretaría de Política Social: Tania García San Martín (Vilagarcía, Pontevedra). É traballadora social. Voceira en Vilagarcía. Secretaría de Organización no PSdeG de Pontevedra.

Secretaría de Igualdade: Eva Martínez Montero (Ferrol, A Coruña). Xornalista. Secretaria de Comunicación da Executiva de Ferrol. Experta en comunicación política e xefa de prensa no Concello de Ares.

Secretaría de Saúde: Isabel Rodríguez López (Viveiro, Lugo) Médico cunha dilatada experiencia no sector sanitario. Tenente de Alcalde de Viveiro.

Secretaría de Defensa das Pensións Públicas: Margarita Iglesias Pais (Comarca Coruña). Avogada laboralista e concelleira en Cambre.

Secretaría de Política Territorial: Luis Gómez Piña (Pontevedra). Foi concelleiro e voceiro municipal na Cañiza, secretario xeral do condado de Paradanta, secretario de Organización de Pontevedra, deputado no Congreso e deputado no Parlamento de Galicia, especializado en ordenación do territorio.

Secretaría de Economía Rural e Desenvolvemento Sostible: Fe Álvarez Sánchez (As Nogais. Lugo). Enxeñeira técnica agrícola, licenciada en Ciencias Ambientais e máster en Prevención de Riscos Laborais. É voceira do PSdeG en As Nogais e coordinadora comarcal na Montaña lucense.

Secretaría de Economía Pesqueira: María del Carmen Casalderrey Piñeiro (Pontevedra). Bióloga especialista en Medio Ambiente. Redactora do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) de Xnqueira de Alba, primeiro ENIL de Galicia. Secretaria de Medio Ambiente da Executiva Local de Pontevedra.

Secretaría do Traballo Autónomo: Manuel Mirás Franqueira (Oroso, Coruña). Ten unha asesoría especializada en autónomos. É alcalde de Oroso.

Secretaría de Comercio: José Manuel Pequeno Castro (Dumbría, A Coruña). Histórico alcalde socialista de Dumbría desde hai 30 anos, cun amplo apoio no seu municipio.

Secretaría de Turismo: Marcos Blanco (Ribadavia, Ourense) Alcalde de Ribadavia desde 2003.

Secretaría de Patrimonio: Yolanda Rodríguez (Tui. Pontevedra) Secretaria de Política Local de Tui.

Secretaría de Dependencia: María Irene Dacal Feijóo (Barco de Valdeorras. Ourense) Concelleira de Promoción Económica en O Barco de Valdeorras.

Secretaría de Relacións coas comunidades no exterior: Ramón Alonso López. (Entrimo. Ourense). Alcalde do PSdeG-PSOE en Entrimo.

Secretaría de Solidariedade e Cooperación: Belén Louzao Vieites (A Estrada, Pontevedra). Concelleira do PSdeG-PSOE en A Estrada. Licenciada en Ciencias Políticas. Foi directora xerente da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia.

Secretaría de Innovación: José Ramón Rey Couselo (Santiago, Coruña) Persoal laboral da Administración autonómica. Licenciado en Ciencias Económicas.

Secretaría de Política Lingüística: Yolanda Otero Barroso (Carballiño. Ourense) Concelleira no Carballiño. Licenciada en Ciencias Políticas.

Secretaría de Formación: Xosefa Hermo (Barbanza, Coruña) Secretaria Provincial de Formación do PSdeG na Coruña. Diplomada en Ciencias Económicas e Máster en Profesorado.

A Executiva foi electa por un 68% dos delegados no Congreso celebrado este domingo. Trátase dunha porcentaxe case 30% menor da recibida por Besteiro, case do 95% e que reflicte as tensións internas que siguen presentes no PSdeG, especialmente na provincia de Ourense.

Pilar Cancela, ex secretaria xeral de Relacións Laborais con Touriño
Pilar Cancela, ex secretaria xeral de Relacións Laborais con Touriño
Besteiro é felicitado na noite que se converteu en líder do PSdeG
Besteiro é felicitado na noite que se converteu en líder do PSdeG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Katy

Agardemos que o relatorio non veña salpicado de corrupción!. Se así fora, mal comenza a andadura.