Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2021 | Actualizada ás 11:08
Os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia ascendente por sexta xornada consecutiva, transcorridos 10 días do período festivo da Semana Santa, e ascenden lixeiramente a 2.400, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus descenden a 184, un menos que a xornada anterior. Pola súa banda, os novos contaxios baixan a 158.
Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, descenden a 26 os pacientes Covid en UCI, que supoñen tres menos, mentres soben a 158 os que se atopan noutras unidades --dous máis--.
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee, Ourense e Santiago e Barbanza; mantense na de Vigo; e aumenta lixeiramente nas de Ferrol, Pontevedra e O Salnés e Lugo.
En concreto, na área da Coruña e Cee seguen nove pacientes Covid en UCI e baixan a 57 os ingresados noutras unidades --un menos--; na de Santiago e Barbanza seguen catro en críticos e caen a 18 os doutras unidades --catro menos--; mentres que na de Ourense mantéñense tres en UCI e redúcense a 14 os doutras unidades --un menos--.
Pola súa banda, na de Vigo aínda que baixan a catro os pacientes en UCI --dous menos--, soben a 31 os doutras unidades --dous máis--; mentres que na de Lugo descenden a tres o críticos --un menos--, pero soben a sete os doutras unidades --dous máis--.
Na área de Pontevedra e O Salnés seguen tres pacientes Covid ingresados en UCI e soben a 23 os doutras unidades --dous máis--; mentres que a de Ferrol continúa sen hospitalizados en críticos e conta con oito noutras unidades --dous máis--.
MÁIS CASOS ACTIVOS
En canto aos casos activos, ascenderon lixeiramente por sexta xornada consecutiva ata os 2.400 no conxunto de Galicia, o que supón 18 máis, ao rexistrarse máis contaxios (158), que altas (139), ao que hai que engadir un falecido. Por áreas sanitarias, baixan na da Coruña e Cee (-16); mantéñense igual nas de Lugo e Santiago e Barbanza; mentres que aumentan nas de Ourense (+7), Ferrol (+7), Pontevedra e O Salnés (+9) e Vigo (+11).
Deste xeito, a de Vigo pasa a situarse á cabeza, con 615 infeccións activas; seguida da da Coruña e Cee, que baixa a 599; Santiago e Barbanza, con 367; Pontevedra e O Salnés, con 366; Ourense, con 192; Lugo, con 169; e Ferrol segue á cola, con 92.
MENOS CONTAXIOS
Despois do repunte de novos contagios detectado este martes, freouse a tendencia ao rexistrarse 158 con calquera tipo de proba, tras os 126 do luns e os 165 da xornada pasada. Do total, 133 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas --os mesmos que a xornada anterior--, dos cales 44 corresponden á área de Vigo; 28, á da Coruña e Cee; 19, á de Ourense; 13, á de Santiago e Barbanza; 12, á de Lugo; nove, á de Pontevedra e O Salnés; e oito, á de Ferrol.
No que respecta á taxa de positividade, mantense nun dous por cento, tras descender o luns a un 1%, polo que continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.