Prisión para dous dos tres detidos na Coruña por reter unha menor vendida polos seus pais

O terceiro detido, un menor, pasou a disposición da Fiscalía de Menores.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 15/04/2021 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

O titular do Xulgado de Instrución número 5 da Coruña decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza, para dous dos tres detidos o mércores nesta cidade por reter unha menor, vendida por 4.000 euros polos seus pais, segundo fontes da investigación.

Coche patrulla de Policía Nacional
Coche patrulla de Policía Nacional | Fonte: Europa Press

Así o acordou este xoves o citado xulgado, tras o pase a disposición dos detidos, de acordo coa información facilitada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Trátase dun home e unha muller, que foron detidos o mércores na zona da Torre, na cidade herculina, xunto a un menor.

Ambos están investigados por un delito de trata de seres humanos, precisaron as mesmas fontes. Por outra banda, sobre o menor detido, confirmaron que pasou a disposición da Fiscalía de Menores.

O tres foron detidos nun operativo do Corpo Nacional de Policía que levou a cabo por mor dunha investigación iniciada en Córdoba. Un xulgado desta cidade andaluza decretou o segredo do sumario sobre as actuacións.

Mentres, a menor foi atendida por Urxencias Sanitarias 061 de Galicia e agora un informe forense determinará se sufriu abusos. A Xunta asumiu a súa tutela unha vez que tivo coñecemento do caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta