Este é o modelo de residencias que propón a Xunta

Aposta pola coordinación sociosanitaria, melloras arquitectónicas e tecnoloxía.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/04/2021 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou este xoves que o novo modelo de residencias que prepara a Xunta de Galicia "atenderá as necesidades evidenciadas tras a pandemia da covid-19 e mellorará estes servizos para a nova era que comeza".

Un home pasea na residencia de maiores Coviastec, en Silleda (Pontevedra)
Un home pasea na residencia de maiores Coviastec, en Silleda (Pontevedra) | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Así o manifestou durante a súa intervención na mesa redonda organizada por EAPN baixo o título 'Experiencias de maiores durante a pandemia: a necesidade dun cambio no modelo sociosanitario', na que participaron tamén as conselleiras da área social de Asturias e País Vasco.

Na súa intervención, Acevedo subliñou que, entre os obxectivos deste novo modelo, estará unha maior coordinación sociosanitaria, melloras arquitectónicas e a aposta pola tecnoloxía. No proxecto do novo modelo xa traballa o comité asesor sociosanitario creado polo Goberno galego e no que participan persoas de todos os ámbitos implicados.

O director xeral apuntou que este novo modelo buscará extraer "todas as leccións e experiencias vividas" nos últimos meses nas residencias, ampliar a participación de todos os axentes implicados nos coidados das persoas maiores e lograr así do máximo consenso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta