Pescanova potencia a súa factoría de Mira

Trasladará a Portugal toda a produción de rodaballo tras o peche da planta de Insuiña en Chapela. 18 traballadores foron trasladados temporalmente a Oia antes de solucionar os problemas estruturais da planta de Acuinova.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/10/2013 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O Consello de Administración de Pescanova quere centralizar toda a súa produción naquelas plantas nas que pode obter beneficios económicos. Por iso, acordou o peche da planta de rodaballos que a empresa tiña en Chapela, Redondela, para o seu posterior traslado a de Mira, en Portugal.

Planta de Acuinova, filial de Pescanova, en Mira, Portugal
Planta de Acuinova, filial de Pescanova, en Mira, Portugal | Fonte: pescanova.com

A empresa quere "racionalizar" os seus recursos tras os graves problemas que padece. Por iso, e segundo un informe económico interno, un dos seus obxectivos é concentrar na súa factoría de Acuinova, en Mira --a de maior potencial na actualidade--, a produción piscícola da empresa.

Paralización de Acuinova

Sen embargo, isto non será posible ata que non se subsanen os graves problemas estruturais detectados na planta de cultivo de rodaballo da filial portuguesa e que causaron a morte de miles de especies reprodutoras hai uns meses. 

Por este motivo Acuinova estivo completamente parada durante algúns meses debido a este problema. En xaneiro, metade dos traballadores foron colocados en "lay off" --á espera de ser chamados-- e, en xuño e en setembro, comezaron a ser novamente reubicados no seu traballo. Aínda non é coñecida a data da segunda fase de produción do maior investimento en aquicultura en Portugal.

Traslado temporal a Oia

Por iso, e á espera de que a empresa construtora se faga cargo do arranxo destes problemas, a especies reprodutoras de rodaballo de A Insuíña foron trasladadas, temporalmente, a Oia. Alí serán reubicados 18 dos seus traballadores, mentres que a outros oito non se lle renovarán os contratos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pepiño

Non está ben que un xornal serio confunda os galegos coa nova, xa que non se axusta a realidade, ainda que achegase en parte. Mira xamáis será una realidade dado que unha piscifatoria tan grande a mortandade ten que darse a forza polo excesivo trafego, dos alevíns. Asi como que un tornado reciente levou todo polo air, deixando ó descuberto cinco pabellóns, que están sendo reparados, por unha empresa española subcontratada por outra española, con obreiros portugueses de aquel xeito, i aquí todos tranquilos, que mentras xogamos ó golf, paseamos en mercedes, comemos nos Abetos, estilo Pepiño, hai máis, pero para que. O Comité, ai un fraúde de miles de millóns de euros, é non dín nada. Saudos nacionalistas.