A Xunta disporá dun sistema intelixente para coñecer o perfil dos turistas e xestionar datos de ocupación

A Axencia Turismo de Galicia contará así con información sobre gasto, reservas, mobilidade ou opinións dos visitantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2021 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

A Xunta licitará a construción e a posta en marcha dun sistema intelixente de Big Data para coñecer o perfil dos turistas e xestionar datos de ocupación e reservas.

Segundo detallou o Goberno galego, este servizo permitirá que a Axencia Turismo de Galicia conte con información analítica avanzada sobre o gasto, as reservas, a ocupación e a mobilidade no ámbito turístico, así como a opinión dos visitantes.

A implementación e a explotación dun sistema de BigData turístico enmárcase no proxecto Eurorrexión destino Turístico Intelixente (EDIT), que conta con participación da Axencia Turismo de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e socios socios do Norte de Portugal e recibe apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O prazo de presentación de propostas para a prestación do servizo permanecerá aberto ata o próximo 20 de maio mediante o Portal de Contratos Públicos de Galicia.

Deste xeito, búscase desenvolver unha cultura e un turismo intelixentes, obxectivos enmarcados na Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030). Aspírase a consolidar un turismo intelixente en Galicia con solucións innovadoras para facilitar a interacción co visitante e mellorar a súa experiencia. Paralelamente, promoveranse servizos dixitais avanzados en relación co Camiño de Santiago e outros puntos de interese turístico.

Varias persoas na praia de Sanxenxo, en Pontevedra, Galicia (España), a 27 de marzo de 2021.. Beatriz Ciscar - Europa Press
Varias persoas na praia de Sanxenxo, en Pontevedra, Galicia (España), a 27 de marzo de 2021.. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta