Dous octoxenarios diagnosticados con Covid faleceron esta fin de semana no CHUAC

O número de vítimas mortais da pandemia ascende a 2.373.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O falecemento dun home e unha muller con covid-19 durante este fin de semana na Coruña elevou as vítimas da pandemia en Galicia a 2.373.

Tras tres xornadas consecutivas sen notificar novos falecementos, a Consellería de Sanidade informou este domingo das mortes de dúas persoas que presentaban patoloxías previas.

En concreto, este sábado faleceu un home de 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Así mesmo, este domingo rexistrouse a morte dunha muller de 86 anos no mesmo complexo hospitalario.

Entre finais de setembro e finais de marzo comunicáronse falecidos de forma diaria. Desde entón anótanse oito xornadas sen comunicación de falecidos.

Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas
Complexo Universitario da Coruña / Sergas Hospital da Coruña, CHUAC A Coruña / Sergas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta