Por E.P. | PONTEVEDRA | 19/04/2021 | Actualizada ás 10:00
Un condutor foi trasladado a un centro sanitario tras saírse da vía e chocar contra un farol na noite deste domingo no municipio de Lalín (Pontevedra).
Segundo informou o 112 Galicia, foron os servizos sanitarios os que alertaron ás 21,30 horas do accidente de tráfico ocorrido na estrada N-525 sobre o punto quilométrico 298, en Bendoiro. Engadiron que que o condutor estaba fóra do vehículo pero que necesitaba asistencia médica.
Por iso, por parte do CIAE-112 informouse á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Lalín, aos Bombeiros de Silleda e aos membros do GES da localidade. Pouco despois e xa desde o lugar dos feitos, os equipos sanitario confirmou que o condutor era trasladado en ambulancia cara ao hospital HM Rosaleda en Santiago.
En concreto, ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico para atender ao ferido, un home de 45 anos, J.A.F.V., que foi enviado ao HM Rosaleda, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.
Para manter e restablecer a seguridade na vía, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia tamén informou o Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.