A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XXV Premios de Teatro María Casares

Por E.P. | A CORUÑA | 19/04/2021 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convocou os XXV Premios de Teatro María Casares, cun prazo de inscrición aberto este luns e que acabará o próximo 10 de maio, segundo informa.

Nestas semanas, as compañías de teatro poderán inscribir os seus espectáculos, como tamén os profesionais que participan nos mesmos, nuns galardóns que neste 2021 chegan ao seu vixésimo quinta edición. Poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor/actriz en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

Ademais, "nesta atípica edición e para achegar maior flexibilidade ás bases, as obras estreadas no primeiro trimestre de 2021 e no último trimestre de 2019 que non concorreran xa aos premios na edición anterior, poderán participar na convocatoria", explican desde a entidade.

Tras o prazo de inscrición, abrirase a primeira rolda de votacións para que o censo conformado por case 450 persoas da profesión escolla a relación de finalistas en cada un dos 14 apartados no que se dividen os premios.

Ao longo do verán, terá lugar a segunda quenda de votacións, da cal sairán os nomes dos gañadores e gañadoras e que se darán a coñecer o 9 de setembro nunha entrega que se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña "adaptándose ás medidas sanitarias que poidan estar vixentes nesa altura", engade.

Os Premios de Teatro María Casares, organizados pola AAAG coa colaboración de entidades e institucións, entregáronse por vez primeira en 1997.

Premios de teatro María Casares. ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA
Premios de teatro María Casares. ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta