Protesta fronte a Reganosa para evitar que empresas contaminates reciban fondos europeos

As organizacións convocantes critican a falta de transparencia e ausencia da participación pública dos fondos europeos Next Generation.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2021 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos, xunto co Comité Cidadáns de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocan unha concentración diante de Reganosa, empresa regasificadora. Piden un reparto xusto e sustentábel dos fondos europeos Next Generation. Esta mobilización comezará na Avenida da Pedreira e rematará fronte á industria do gas fósil.   

Instalacións de Reganosa no Porto de Ferrol. REGANOSA - Arquivo
Instalacións de Reganosa no Porto de Ferrol. REGANOSA - Arquivo

A pesar de que non se coñecen con certeza os destinatarios dos fondos europeos, nun comunicado, as organizacións convocantes critican a falta de transparencia e ausencia de participación pública. Consideran, ademais, que as principais beneficiadas serán as grandes corporacións e élites económicas, entre as que se atopa Reganosa. 

A secretaria do Sindicato Labrego Galego e voceira da Coordinadora, Isabel Vilalba, mostra a súa preocupación pola posible adxudicación de fontes a empresas altamente contaminantes: “Os cartos deben servir para recuperar a crise, mais tamén para comezarmos unha mudanza sistémica que evite as peores consecuencias do cambio climático, non para consolidar a industria dos combustíbeis fósiles e afianzar ou mesmo ampliar a infraestrutura gasística."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta