Esixen en Ferrol "unha repartición xusta" dos fondos europeos que exclúa empresas como Reganosa

Din que esta representan "o modelo" contrario ao necesario para facer fronte ao cambio climático.

Por E.P. | Ferrol | 20/04/2021 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A cidade de Ferrol acollerá o vindeiro sábado 24 de abril unha concentración que demandará unha "repartición xusta" dos fondos europeos 'Next Generation' no que queden excluídas empresas como Reganosa que, segundo os convocantes, representan "o modelo" contrario ao necesario para facer fronte ao cambio climático.

Central de Reganosa en Mugardos
Central de Reganosa en Mugardos | Fonte: Europa Press.

A Cordinadora Galega por unha Repartición Xusto dos Fondos Europeos e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol --promotores da acción-- chaman a concentrarse ante as instalacións de Reganosa, compañía que propón a construción dunha planta de hidróxeno nas Pontes e que forma parte da sociedade público-privada constituída pola Xunta para canalizar os fondos europeos.

"A industria do gas non pode ser incluída na loita contra o cambio climático nin é aceptable que reciba fondos de recuperación. O diñeiro debe servir para recuperar a crise, pero tamén para comezar un cambio sistémico que evite as peores consecuencias do cambio climático, non para consolidar a industria dos combustíbeis fósiles e afianzar ou mesmo ampliar a infraestrutura gasística", sinalou Isabel Vilalba.

Os convocantes da marcha censuran a "enorme opacidade" coa que, din, actúa a Xunta sobre os proxectos candidatos a facerse con financiamento dos fondos 'Next Generation', á vez que critican a elección de Reganosa, Abanca e Sogama como as tres empresas que, xunto á Administración autonómica, conforman a citada sociedade público-privada.

Así, sosteñen que este tres entidades representan "modelos extremadamente controvertidos" e "a peor cara da colaboración público-privada", aínda que cualifican de "especialmente preocupante" o caso de Reganosa, "unha empresa participada pola Xunta, con cinco sentencias en contral do Tribunal Supremo, sen autorización administrativa e emprazada nun lugar de risco para a poboación".

Ademais, os convocantes subliñan que o sistema de regasificación de Reganosa "contribúe á actual crise ambiental e de produción da ría de Ferrol", polo que se preguntan se "con este currículo", a compañía ferrolá "é o modelo que o Goberno de Feijóo ten para liderar a recuperación" tras a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta