Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/04/2021 | Actualizada ás 14:45
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a redacción dun proxecto de lei de prevención de adiccións en menores de idade. "Hai un consumo en relación con este asunto que nos preocupa", afirma.
En rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Núñez Feijóo sinalou que este proxecto de lei "comeza a andar a partir de xa" coa apertura dun período de consultas para que asociacións e colectivos poidan facer as súas achegas.
Segundo explicou, con esta norma búscase actualizar os criterios e obxectivos das medidas de prevención, introducir limitacións á venda e publicidade de substancias psicoactivas como "cannabis e derivados", así como anfetaminas, entre outros. Igualmente, tomaranse medidas para atallar "certo clima de permisividade".
Ademais, o presidente do Goberno galego indica que se persegue limitar o "mal uso" de novas tecnoloxías entre menores como redes sociais, Internet e videoxogos.
Remarca que unha enquisa de 2019 apunta que o 72,5% dos adolescentes galegos consumiu algunha vez alcol; o 35,9%, tabaco; o 27,5%, cannabis; e o 13% fai un posible uso compulsivo de Internet.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.