Complementar o apoio familiar co dun centro especializado aumenta significativamente as posibilidades de éxito na rehabilitación e reduce o risco de recaídas.
  comenta   0
Tras estar un ano e medio en terapia e ter superado o seu problema, escribiu o libro 'Fuera de juego', co que pretende axudar ás persoas que estean pasando por unha adicción ao xogo tan forte como a que viviu ela: chegou a gañar e perder 14.000 euros na mesma tarde.
  comenta   0
O obxectivo, segundo dixo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, é "axudar ás vítimas no control e superación das adiccións para que poidan incorporarse á vida autónoma".
A compra compulsiva pode afectar o mesmo que calquera outra adicción. É algo impulsivo, sen meditación previa e acaba afectando e alterando a vida persoal, familiar e laboral de quen é adicto ás compras. Como toda adicción, pode superar as barreiras de sexo, idade e clase social, mesmo sen ter en conta a capacidade económica do individuo afectado. As políticas de prevención son un paso importante para frear este comportamento adictivo, aínda así, poden servir estas políticas nunha sociedade tan consumista como a nosa?
  comenta   0
O director xeral de Alborada Vigo asegura que en Galicia, polo momento, non hai incidencia desta droga que causou máis de 100.000 mortes nos Estados Unidos, e asegura que aquí "o fentanilo e a adicción ao mesmo sempre foi moi vinculado ao tema da dor". Con todo, pide estar alerta, pois o que sucede nos Estados Unidos "é algo que pode chegar aquí en calquera momento".
  comenta   0
É habitual e está socialmente aceptado o ver colas de xente agardando para comprar os seus boletos de lotaría. Dun tempo a esta parte tamén se popularizaron os rascas. E, como advirte Gerardo Rodríguez, vogal de Agalure, dun ano a esta parte chéganlles mozos de entre 18 e 25 anos enganchados ás tragaperras, algo que antes non era o habitual, pois a súa adicción partía máis das apostas deportivas ou da ruleta.
  comenta   0
Máis de 5.000 adolescentes galegos son adictos aos videoxogos e, vinculados a eles, poderían volverse adictos ás apostas deportivas e outro tipo de xogos de azar. O profesor da USC Antonio Rial Boubeta alerta dos perigos. A OMS recoñece os videoxogos como unha adicción dende 2022, o plan contra as adiccións galego aprobouse no 2011
  comenta   0
Problemas de concentración, de desenvolvemento, estrés, adicción... Son só algúns dos efectos que pode ter nos menores unha exposición prolongada ás pantallas. A OMS recomenda non superar as dúas horas ao día, pero nun total de 630 colexios galegos isto non se está a cumprir.
  comenta   0