Nace a Hostalaría Federada Galega para "sumar forzas" e ser "un referente" do sector

Participan 13 asociacións.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2021 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Un total de 13 asociacións constituíron oficialmente este xoves Hostalaría Federada Galega (Hosfega), unha plataforma que nace para "sumar forzas" e ser "un referente" das reclamacións do sector hostaleiro galego.

Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela, a 27 de febreiro de 2021
Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela, a 27 de febreiro de 2021 | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Segundo explicou a súa presidenta, Elena Vitoria, esta plataforma pretende ser "un instrumento con vocación de permanencia para a defensa do sector" e trata de "cubrir un baleiro existente" neste ámbito, evidenciado en maior medida coa crise derivada da covid-19.

Pola súa banda, Sergio Fernández, vicepresidente fundador de Hosfega, explicou que a federación "ten vontade de ser o referente tanto nas empresas de hostalaría como naquelas de servizos e distribución á mesma e, ao mesmo tempo, de converterse na interlocución ampla e plural do conxunto do sector coas institucións". Por iso, fixo un chamamento "a organizarse nas comarcas e vilas de toda Galicia e a sumar esforzos".

Este mesmo xoves, os responsables da federación pediron un encontro formal co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para "intercambiar impresións" sobre o estado do sector, presentar o documento de traballo de Plan de Rescate que elaborou a plataforma e reiterarlle a idea de que o Goberno galego promova a creación dunha mesa de traballo con economistas e co sector, e que adquira o compromiso de liderar o Plan de Rescate que salga desta mesa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta