Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2021 | Actualizada ás 19:42
O Xulgado do Social número 2 da Coruña desestimou integramente a demanda de conflito colectivo interposta polos sindicatos CIG, UGT, CXT e USO contra o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) aplicado por Xeal entre setembro do 2020 e febreiro de 2021, segundo informa a compañía.
Explica que a sentenza, de data 16 de abril, desestima integramente a demanda contra o ERTE aplicado pola compañía ao entender "que concorren causas para a súa aplicación e dá por probado que a representación legal coñecía toda a información necesaria no momento da negociación".
"Quedando acreditado que a empresa tentou realmente que o impacto da suspensión de contratos de traballo fóra de menor intensidade ao que se pactou".
"Non aplicando o ERTE no ano 2019 e atrasando a súa aplicación ata setembro de 2020 e cunha afectación para os traballadores moi por baixo do límite máximo pactado no centro de traballo que nos ocupa polo que a decisión empresarial, baixo o meu punto de vista, non pode ser declarada nula nin inxustificada", recolle o fallo, segundo informa a empresa.
Recentemente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou "nulo" o expediente de regulación de emprego (ERTE) que a empresa Xeal, antiga Ferroatlántica, aplicou a 213 traballadores das súas fábricas de Cee e Dumbría e as centrais hidroeléctricas o ano pasado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.