Temas: MúSICA

O flamenco de Miguel Poveda chega a Galicia

O Palacio da Ópera da Coruña e o Auditorio do Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerán, os días 25 e 26 respectivamente, o espectáculo de Miguel Poveda 'Íntimo', unha viaxe a través do flamenco, a poesía e a copla.

Por GC Tendencias | | 07/10/2013 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Co espectáculo 'Íntimo', Miguel Poveda é capaz de conxugar o flamenco coa copla e coa poesía, fai unha homenaxe aos grandes das letras como García Lorca e deixa espida a súa alma sobre o escenario para crear un ambiente próximo e persoal. Poveda vai acompañado unicamente dos seus fieis Amargós e «Chicuelo», dúas figuras imprescindibles do actual panorama musical.

Miguel Poveda
Miguel Poveda

O espectáculo divídese en dúas partes, na primeira delas o artista repasará algunhas das grandes e recoñecidas cancións que o flamenco deu ao longo da historia e que foron interpretadas polas máis prestixiosas voces. Poveda as interpreta ao seu antollo, convérteas en temas novos para ofrecerllas ao público reinterpretadas, estes temas tradicionais conviven nesta primeira parte con cancións propias incluídas no seu último traballo Artesán.  Acompáñao á guitarra Juan Gómez «Chicuelo», un dos guitarristas máis importantes do horizonte musical, actual gañador do Goya ao Mellor Tema Orixinal 2013 pola banda sonora de Brancaneves de Pablo Berger (2012). Con el, Poveda transitará polo flamenco máis representativo, desde o máis festeiro e alegre ata o máis profundo.

Na segunda das partes a guitarra dará paso ao piano e será Joan Albert Amargós quen se fará cargo das melodías que han acompañar a Poveda. Este compositor, que é tamén director e instrumentista de piano e clarinete, está moi vinculado ao mundo da música nas súas múltiples manifestacións como o jazz, a música clásica e o flamenco e foi recoñecido con premios como Mellor autor de Música Clásica nos Premios da Música nas súas edicións de 2008 e 2009. Con el será a copla a que tomará protagonismo, un estilo que apaixona a ambos artistas e que serán capaces de espremer ata sacar de el o sentimento e a forza que os caracterizan. Durante esta parte haberá momentos máis relaxados, óptimos para a improvisación e a sorpresa, unha calidade que fai única cada actuación.

En palabras da produtora do espectáculo “Íntimo é unha viaxe polo universo do flamenco, pola copla e a poesía, non só pola propio arte que se desprende destes tres magníficos, senón porque Poveda emprega parte do seu recital como unha oda á poesía de poetas como García Lorca, acompañada coa música de Pedro Guerra, adiantando en primicia parte do que será o seu próximo traballo. Miguel Poveda leva nas súas veas poesía, copla e flamenco. Canta á dor e á ledicia, ao sentimento e á emoción.  A súa voz está chea de vida e a ela lle canta. Unha noite que o público nunca esquecerá! En definitiva, Íntimo é a arte con maiúsculas, en que o sentimento expándese e libérase desde a incomparable voz de Miguel Poveda”.

As actuacións, que terán lugar en ambos casos ás 21.00 h, comercializan as súas entradas a través de Servinova, o servizo de teleticketing da Fundación Novacaixagalicia, que pon a disposición do espectador a súa web, www.servinova.com , e a súa billeteira telefónica no 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h.

 

Ademais as entradas poden ser adquiridas en:

  • Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia da Coruña, Cantón Grande s/n.
  • Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Santiago de Compostela, rúa do Vilar, 19.
  • Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Ourense, Praza Maior, 4.
  • Central de Espectáculos Fundación Novacaixagalicia de Vigo, rúa Velázquez Moreno, 26.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta