A Xunta inicia os trámites para declarar BIC o Castro de San Cibrao das Viñas

O DOG publica a incoación do procedemento, o que supón a protección inmediata deste ben arqueolóxico.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/06/2025 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes o expediente de incoación para declarar como ben de interese cultural o Castro de San Cibrao das Viñas, situado a uns 20 quilómetros da cidade de Ourense, nos termos municipais de San Amaro e Punxín. Esta publicación, por tanto, supón o inicio do procedemento e a aplicación de forma inmediata e provisional do máximo réxime de protección como ben representativo do patrimono arqueolóxico de Galicia.

A declaración de San Cibrao das como ben de interese cultural fundaméntase no seu interese científico e na súa importancia histórica, sendo un dos xacementos arqueolóxicos máis destacados e coñecidos de Galicia, como elemento crucial da Idade de Ferro. Ademais do seu valor histórico e arqueolóxico, San Cibrao das Viñas destaca polo seu bo estado de conservación, cun 15% da extensión do poboado xa escavado e musealizado.

Tras esta publicación, ábrese agora un período de información pública do prazo dun mes, que empezará a contar a partir deste mércores, co fin de que a spersonas interesadas poidan examinar o expediente e facer alegacións. De igual modo, solicitarase o ditame aos órganos consultivos correspondentes que acrediten o valor cultural singular desta instalación, que son necesarios para que conte con esta máxima protección e o expediente deberá resolverse no prazo máximo de 24 meses.

San Cibrao das Viñas
San Cibrao das Viñas | Fonte: PÁXINAS GALEGAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta