Declarado culpable de asasinato o home acusado de matar a outro individuo á saída dun bar en Betanzos

En declaracións aos medios o primeiro día da sesión do xuízo, o avogado da acusación particular considerou os feitos un delito de asasinato, polo que expuxo unha petición de condena de 20 anos.

Por E.P. | A CORUÑA | 23/04/2021 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

Un xurado declarou culpable de asasinato ao home que matou a outro á saída dun bar en Betanzos, na madrugada do 30 de decembro de 2018, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tras a lectura do veredicto. No xuízo, o procesado recoñeceu os feitos, pero alegou que actuou en defensa propia.

Segundo a Fiscalía, a agresión produciuse tras un forcejeo previo do que tiveron que ser separados. Daquela o acusado dirixiuse ao bar do que saía a vítima e "abalanzouse sobre el co fin de causarlle a morte, asestándolle de fronte polo menos catro puñaladas".

Na súa declaración, no xuízo celebrado na Audiencia Provincial da Coruña, o home recoñeceu apuñalar á vítima, pero asegurou que o falecido "pegoulle primeiro". Dixo que utilizou a navalla "en defensa" e que fuxiu do lugar do crime por "medo" e por non ter papeis.

En declaracións aos medios o primeiro día da sesión do xuízo, o avogado da acusación particular considerou os feitos un delito de asasinato, polo que expuxo unha petición de condena de 20 anos.

Pola súa banda, para a defensa, os feitos foron un delito de homicidio, cunha pena de 10 a 13 anos de cárcere. Alegou tamén que foi unha pelexa, que ambos estaban baixo o efecto do alcol e das drogas e que o seu defendido "non quería matalo". No seu escrito de cualificación, o Ministerio Público pedía trece anos por un delito de homicidio.

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta