Falece en Santiago José Carro Otero, presidente da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega emitiu un comunicado no que expresa o seu "profundo pesar" polo falecemento de José Carro Otero, membro correspondente da institución desde o ano 1967.

O médico e antropólogo, actual presidente da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, faleceu en Santiago de Compostela, a cidade onde naceu en 1942.

Nunha dilatada traxectoria académica e profesional na que tocou distintos paus tamén destacou como investigador da historia e da arte, especialmente do ámbito compostelán. Era un dos expertos de referencia sobre a Catedral de Santiago.

Ademais, as súas principais áreas de investigación foron a anatomía, a antropoloxía física e a historia da Medicina.

O doutor José Carro Otero
O doutor José Carro Otero | Fonte: asomega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta