Miranda (BNG) participa como observadora internacional no xuízo contra 108 políticos kurdos en Turquía

Algúns están acusados de terrorismo por apoiar protestas en 2014 cando o Estado Islámico mantiña cercada Kobane, en Siria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, participa na delegación internacional que exerce esta semana en Ankara (Turquía) de observadores do xuízo contra 108 cargos do Partido Democrático do Pobo-HDP acusados de participar e acirrar revoltas en varias cidades turcas en outubro de 2014.

"Desde o Bloque sumámonos ás accións internacionalistas de solidariedade e condena contra a persecución que impulsa o goberno turco", manifestou Miranda, segundo recolle un comunicado da formación frontista.

Este luns comezou en Ankara o macroxuízo contra estas 108 persoas, que están acusadas de participar e alentar as revoltas violentas rexistradas en varias cidades turcas a principios de outubro de 2014 cando Estado Islámico cercou Kobane, unha cidade de maioría kurda no norte de Siria, comezou este luns en Ankara.

Entre os acusados está un destacado líder político kurdo, o agora encarcerado expresidente do opositor Partido Democrático dos Pobos (HDP) Selahattin Demirtas, así como outros antigos deputados da formación, á que o Goberno turco acusa de incitar e promover as manifestacións, que logo acabaron derivando nuns disturbios nos que faleceron 37 persoas.

Demirtas, xunto a outra trintena de persoas, están baixo detención desde novembro de 2016 por cargos relacionados co terrorismo, entre eles "alteración da unidade e integridade territorial do Estado", asasinato, intento de asasinato, saqueos e queima da bandeira nacional.

O Bloque, da man da súa responsable de relacións internacionais, trasladou a súa solidariedade co HDP fronte á "represión" do goberno de Recep Tayyip Erdogan, ao que acusan de empregar o proceso contra estas 108 persoas para "atacar" o partido kurdo a través da vía xudicial e política "descabezando a cúpula coa ameaza de ilegalización".

"No BNG non imos deixar só ao pobo kurdo e aos representantes do HDP fronte aos continuos ataques á democracia de Erdogan, mentres se criminaliza ao terceiro partido de Turquía, por ser prokurdo e por ser de izquerdas", remarcou Ana Miranda.

Ana Miranda (BNG) xunto a observadores internacionais do xuízo contra 108 políticos kurdos polo caso Kobane. BNG
Ana Miranda (BNG) xunto a observadores internacionais do xuízo contra 108 políticos kurdos polo caso Kobane. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 nostrus

El concepto de pueblo para el BNGe se basa en un conjunto de personas que comparten la raza, el color de piel o de ojos, la dieta, la lengua, la gaita o cosas así. Por eso el BNGe tiene muy poco de serio y mucho de tontería e intolerancia totalitaria

1 Riuriu

Una nueva excursión de Anne pagada con fondos públicos.

1 Maruxa

A verdade é que podian elixirte a ti. Estou certa que a túa implicación e recoñecemento internacional fante idoneo para unha misión deste calado.

2 Riuriu

No te equivoques. Nada se me perdió en Turquía. Pero si quisiera viajar allí lo haría con mi dinero, y no con el dinero de los contribuyentes inventando una excusa tan infantil como la de no dejar sólo al pueblo kurdo. Cuando la izquierda habla del pueblo ya puedes sujetar la cartera.

3 Centroeuropeo

Non coma os representantes públicos da dereita, que non gastan un patacón e aínda poñen do seu peto.