Unha festa en Santiago acabou con doce sancións e coa intervención da Policía e dunha ambulancia

Segundo explicou o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, foron os veciños os que denunciaron na madrugada do sábado que se estaba producindo unha festa nun local desta rúa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2021 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

A Policía Local de Santiago tivo que intervir este fin de semana nunha festa ilegal que se celebraba nun local da Rúa Nova de Abaixo onde, despois de que un dos asistentes pedise axuda sanitaria, os axentes puideron entrar e realizar ata 12 propostas de sanción.

Segundo explicou o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, foron os veciños os que denunciaron na madrugada do sábado que se estaba producindo unha festa nun local desta rúa.

A Policía local presentouse alí ás 3,00 horas da madrugada, pero non lograron que os asistentes lles abrisen a porta. Sobre as 7,00 horas, un dos asistentes "pediu auxilio" por "unha crise de ansiedade". Á chegada da ambulancia para prestar asistencia sanitaria, os axentes puideron entrar e confeccionar 12 propostas de sanción.

Foto policía local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo
Foto policía local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta