Sen positivos no último cribado realizado en Laza

O Concello de Laza permanece desde este pasado luns pechado perimentralmente.

Por E.P. | Ourense | 04/05/2021 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

Por outra banda, a área sanitaria de Ourense destacou que no cribado realizado no municipio de Laza con 307 mostras recollidas saldouse cun 76,75 por cento de participación.

Un cribado en Galicia
Un cribado en Galicia | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Neste caso o cribado de Laza, ao que estaban convocadas 400 persoas de entre 16 e 74 anos este luns pola tarde, non detectou casos positivos de Covid-19 entre as probas realizadas.

O municipio de Laza permanece desde este pasado luns pechado perimetralmente e ten prohibidas as reunións de non convivientes e a hostalaría só pode funcionar con servizo para levar ou entrega a domicilio, por estar en nivel de restricións máximas debido á súa situación epidemiolóxica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta