Temas: TSXG SEAGA

O TSXG condena a Seaga a devolver ao persoal os 8 días de permiso retribuído recuperable do confinamento

A empresa pública descontáraos das vacacións e asuntos propios en 2020.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/05/2021 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou a empresa pública Seaga a devolver aos traballadores os oito días de permiso retribuído recuperable do confinamento descontados das vacacións e asuntos propios do ano 2020.

Protesta de Seaga ante a Xunta
Protesta de Seaga ante a Xunta | Fonte: En Marea.

Así o sinala nunha sentenza con data do pasado 26 de abril de 2021, na que estima parte dunha demanda do sindicato nacionalista CIG ao declarar nula a decisión de Seaga por considerar que os brigadistas prestan unha actividade excluída deste permiso. Por iso, recoñece o dereito dos afectados a gozar de vacacións e asuntos propios do ano 2020 de forma íntegra e sen deducións.

Respecto diso, a CIG celebrou que se garantan os dereitos laborais do persoal de Seaga fronte ás "decisións arbitrarias adoptadas pola dirección, coa inestimable colaboración de certas centrais sindicais colaboracionistas".

Temas: TSXG SEAGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta