Entrimo homenaxea a catro veciños deportados ao campo de concentración de Mauthausen

O acto de homenaxe organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e o concello de Entrimo terá lugar o sábado día 8 na Praza do concello.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 06/05/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

A Asociación para a Recuperacion da Memoria Histórica (ARMH) e o concello de Entrimo homenaxearán aos catro veciños que foron deportados ao campo de concentración de Mauthausen. O acto terá lugar na Praza do Concello de Entrimo o sábado día 8 as 12:30h e inaugurarase un monolito na honra dos catro homes. 

Crematorio de Mauthausen
Crematorio de Mauthausen | Fonte: Flickr

Abilino Álvarez Bernardo, de Oleas, Avelino Pérez Rodríguez, da Terra Chá, Higinio Rodríguez Domínguez, da Pereira, e Jaime Vázquez Estévez, de Bouzadrago, foron os veciños levados ao campo de concentración nazi. Fuxindo da represión franquista, estiveron recluídos nos campos de refuxiados das praias francesas, sendo logo apreixados polo exército alemán e levados ao campo de concentración. Foi en Mauthausen onde dous deles perderon a vida, Abilino Álvarez e Avelino Pérez. 

A ARMH quere recordar que máis de 7.000 españois republicanos e membros das Brigadas Internacionais foron enviados aos campos de Mauthausen e Gusen, contabilizándose a morte de 4.400 deses prisioneiros no 1942. Da mesma maneira, a ARMH está a realizar máis actos e recoñecementos como o organizado co Concello de Entrimo. 

En dito acto participarán familiares dos deportados, diferentes Asociacións da Memoria, Eladio Anxo Fernández, coordinador da investigación da deportación en Ourense e membro da ARMG, Ramón Alonso López, alcalde da localidade e Emilio González Afonso, subdelegado do Goberno, entre outros.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta