A Cámara reclama a Israel o "respecto absoluto" dos dereitos humanos dos palestinos

Destaca que Galicia a construír unha orde internacional xusta co amparo da legalidade internacional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A Cámara galega reclamou da comunidade internacional que esixa a Israel o "respecto absoluto" dos dereitos humanos dos palestinos e palestinas, así como os dereitos colectivos deste pobo.

Con motivo do aniversario do inicio do éxodo do pobo palestino, que se celebra o 15 de maio, o Parlamento de Galicia aprobou unha declaración institucional sobre este asunto. O texto, lido polo titular do Lexislativo galego, Miguel Santalices, pide o cumprimento das resolucións das Nacións Unidas e o recoñecemento do dereito ao retorno das persoas e comunidades ás terras e casas das que foron expulsadas.

"Manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitos inalienables da persoa, con liberdade e co máis pleno respecto á dignidade humana", sinala a Cámara. Neste sentido, sostén que "non escatimará esforzos en contribuír desde Galicia a construír unha orde internacional xusta co amparo da legalidade internacional, un mundo en que a forza quede sempre sometida o dereito".

A activista palestina Ahed Tamimi é retida por soldados de Israel
A activista palestina Ahed Tamimi é retida por soldados de Israel | Fonte: identi.ca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Gamela

O cabronazo de Netanyahu non dá formado Goberno, pero está a empregar ao pobo palestino coma chivo expiatorio para perpetuarse no poder per sécula seculorum... Modelo Putin / http://www.parlamentodegalicia.es/A...

1 Riolo

Madre mía, qué resolución. Ni el NSDAP la haría más antisemita. En cambio de las agresiones y asesinatos de judíos no dice nada.

1 Sentidiño

Si, o texto fede a antisemitismo: "Manifestamos o noso máis firme compromiso cos dereitos inalienables da persoa, coa liberdade e co máis pleno respecto á dignidade humana". É unha vergoña atreverse a dicir isto cando están por enterrar dez cadáveres de nenos...

2 Riolo

Nazismo puro. Si fueran nenos judíos te importarían un pimiento.

3 Sentidiño

"Los extremeños se tocan", fascistas e sionistas razoan da mesma maneira: o sionismo é un fascismo.