A activista iraniana Majedeh Bozorgi leva a Galicia a voz das mulleres silenciadas polo réxime e pide ao mundo que non garde silencio ante a violencia e a impunidade contra elas.
  comenta   0
O cárcere, a nivel mundial, estase a volver coma algo que de forma crecente e preocupante se vai distinguindo pola crueldade de trato e por veces con sadismo para castigar sobre todo aos pobres e aos enfermos que previamente xeramos nas barriadas conflitivas por falta crecente de traballo, vivenda, escolas ou asistencia social ou pola diminución nos medios de atención de saúde, sanitarios ou de coidados á saúde mental.
  comenta   0
Entre as bombas de Gaza e os titulares sobre Irán, a causa das mulleres afganas queda relegada. Dende Galicia, Khadija devolveulle visibilidade e esperanza a unha loita que non se rendeu.
  comenta   0
O artista xustificou a súa decisión nun vídeo: “A miña posición sempre foi clara. Que viva Palestina libre”.
Un 30 de xuño de 2005 viu a luz a Lei 13/2005, pola que as parellas do mesmo sexo puideron empezar casar no noso país. Hoxe conto as miñas sensacións ao respecto, entón e tamén agora, desde a óptica da primeira parella que casou no Concello de A Coruña, ao amparo de tal normativa, en outubro de 2005. E, se o fago, é por seguir avanzando en consolidar dereitos, impulsar o respecto universal e construír sociedade, en tempos en que todo iso, botando unha mirada ao noso redor, ás veces parece estar en perigo.
  comenta   0
Renuncian á marcha e ao acto público de homenaxe 12 anos despois do sinistro, tras a sentenza que condena ao maquinista e a un ex alto cargo de Adif e coa mirada posta en Estrasburgo
Bruno González Cacheda, profesor de Ciencia Política na UVigo, analiza como a Unión Europea actúa á marxe dos seus intereses estratéxicos nun escenario global cada vez máis volátil. Dende Ucraína ata Israel, Europa alíñase con Estados Unidos sen construír unha política exterior propia.
  comenta   0
Pontón rexeita os ataques de Israel e EEUU en Irán, que cren que "pisan o acelerador" a un conflito "que pode ter escala mundial".
  comenta   0
Trátase dun proxecto virtual da Rede Museística Provincial de Lugo pensado como unha ferramenta educativa para transformar a mirada sobre os movementos de persoas ao redor do mundo.
A Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) denuncia a "imposibilidade" de conseguir unha cita para formalizar a solicitude de protección internacional e os "longos tempos de espera".
  comenta   0
"Nenos e nenas asasinados, hospitais arrasados, familias enteiras sepultadas baixo os cascallos... Non é unha operación militar, é un xenocidio", afirma o líder socialista sobre o que cualifica de "ferida aberta na conciencia da humanidade".
  comenta   0
Este venres o TSXG avaliará a demanda, que denuncia unha “mala xestión da contaminación xerada pola gandaría intensiva”.
  comenta   0
No século pasado o escritor francés Antoine de Saint-Exupéry -recoñecido autor a nivel mundial grazas ao seu libro “O Principiño”- expresou: 'Non teño dereito a dicir ou facer nada que diminúa a un ser humano ante si mesmo. O que importa non é o que eu penso del, senón o que el pensa de si mesmo. Ferir a unha persoa na súa dignidade é un crime'. Crimes absolutamente intolerables e xenocidas como os que acontecen nestes momentos en Gaza, en Ucraína, no continente africano… Inxustizas levadas a cabo mediante bombas ou grazas á mentira dos que (des)gobernan o mundo. Inxustizas que tamén acontecen fronte a nós, moi preto (ás veces falamos e xulgamos sen saber, sen contrastar, falamos coma se soubésemos. Fatal erro que nos leva a ser cómplices indirectos das ilegalidades desta sociedade de plástico).
  comenta   0
Despois do acontecido no Festival de Eurovisión, onde as ameazas prohibindo insinuar textos ou bandeiras polo que pasa en Gaza ou en Ucraina, non me queda outra que criticar un acordo que foi un erro a todas luces. O silencio agochando o que acontece nunha parte do mundo é dun fariseísmo que arrepía. Pois a realidade manca e moito a millóns de seres humanos que asistimos a un exterminio, e en certa medida, con ise silencio facémonos cómplices do que ali acontece.
  comenta   0
Dúbidas sobre manipulación do voto popular, especialmente, nun momento no que o goberno sionista de Netanyahu realiza o que algúns gobernos consideran un xenocidio en Gaza contra o pobo Palestino.
  comenta   0
A Mesa e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) aproveitarán o exame periódico universal ao Estado español un mecanismo do Consello para analizar o grao de cumprimento dun Estado dos dereitos humanos, no que se contemplan informes emitidos por ONG especializados na materia
  comenta   0
A Eurocamara pide menos obrigas ambientais para proxectos enerxéticos e a tramitación máis rápida de iniciativas dede enerxía limpa. Proxectos mineiros, tecnolóxicos e industriais terán preferencia.
  comenta   0
Un tribunal europeo avaliará por "primeira vez" o impacto da gandaría industrial desde unha perspectiva de dereitos humanos ante denuncias de augas infectadas e "fedor insoportable".
  comenta   0
ECOAR))) organiza unha serie de palestras cunha visión crítica sobre os conflitos xeopolíticos actuais, explorando os seus efectos e as respostas dende a mobilización social e o cambio político.​
Paola Pampaloni, subdirectora Xeral para Asia no Servizo Europeo de Acción Exterior, trasladoulles que o caso de Diego Bello é "un asunto prioritario para a Unión Europea".
  comenta   0
"En lugar de ver a unha UE forte e contundente condenando o xenocidio que Israel está a cometer co pobo palestino, vemos a unha UE que permite o asasinato e a deportación masiva de persoas que queren vivir na súa terra e que non respecta nin fai respectar o dereito internacional", destacou a eurodeputada do BNG.
  comenta   0
Neste artigo fálolles dunha historia compartida estes días co alumnado e docentes de cinco institutos galegos, que non só coñeceron en primeira persoa a xesta de quen cambiou o curso da Segunda Guerra Mundial desde a Matemática, senón que tamén encriptaron e desencriptaron coa máquina Enigma tal e como facían os ameazadores exércitos de Hitler durante a Segunda Guerra Mundial...
  comenta   0
A Internacional Antifascista, na que se inclúen partidos como o BNG, Podemos e Esquerda Unida, considera que esta "intromisión" está "orquestrada por intereses económicos e xeopolíticos" e "constitúe unha grave violación do dereito internacional e un atropelo á soberanía dos pobos".
  comenta   0
Noutras autonomías se están levando a cabo políticas proactivas da memoria, recuperando espazos, con vontade educativa, con excursións, para que visiten as crianzas... Tamén hai contidos renovados na rede, con itinerarios da memoria histórica.
  comenta   10
O PP -coa axuda do PSOE- propiciou a entrada da “Rede Política de Valores” no Senado, e con iso de aberrantes teorías coma as de Kaluma, que piden a cadea perpetua para gais e lesbianas. Vale todo? É todo opinable, incluso aínda que vulnere os dereitos humanos máis elementais?
  comenta   0
O tamén director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) explica ao Galicia Confidencial que "nun mundo incerto como o é o actual, con tantas variables xeopolíticas que percibe a opinión pública con certa inquedanza, nestas eleccións claramente primou a lóxica de apoiar o 'chegar a final de mes' económico", algo que tamén pesou para a poboación inmigrante que foi votar, pois "ao estar legalmente residindo nos Estados Unidos, a política migratoria de Trump non lles afecta".
  comenta   2
Para Queremos Galego, reverter a situación do idioma pasa por activar medidas baseadas no Plan Xeral de Normalización de 2004, na Carta Europea das Linguas e nas recomendacións do Consello de Europa, que no seu último informe (setembro de 2024) xa pediu eliminar as limitacións para o idioma na educación.
  comenta   0
A coordinadora esixe, canto menos, unha declaración institucional en defensa do dereito internacional ou do humanitario e anuncia novas mobilizacións para o día 4 de novembro en máis de 30 localidades galegas
  comenta   0
Expertos piden xa gravalos con impostos para defender o emprego humano. Alertan de que hai "moito que facer" para que a IA respecte o marco constitucional e que as relacións laborais tamén se verán afectadas.
  comenta   0
Non participará en actos con entidades de Israel, segundo os acordos trasladados ao Consello de Goberno.
Coa chegada da conmemoración da revolta de Nova Iorque que marcou o 28 de xuño como día de reivindicación dos dereitos LGTBQI+, hai quen insiste en cuestionar tal celebración explicando que non hai un día do orgullo “hetero”... De verdade pode non entenderse o dano que fai tal tipo de afirmación ao máis elemental enfoque de dereitos? Ou hai outro tipo de consideracións detrás, que teñen menos que ver coa realidade LGTBIQ+ que cou outros intereses espurios? ...
  comenta   0
"Sempre se di que Galicia exporta máis do que importa, porque nos sobra, e non é tan así, hai que saber o que exportamos e, en termos xerais, importamos máis do que temos", di a investigadora e profesora da USC Rosa Regueiro. "Fannos falta 11.411 xigawatios de potencia", asegura.
  comenta   0