O Ministerio esixe a Alcoa que "tome a iniciativa" cos "interesados" en comprar a planta de San Cibrao

Envía unha carta á empresa na que se compromete a colaborar, pero deixando toda a responsabilidade das negociacións á multinacional.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/05/2021 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O Ministerio de Industria subliña, na carta que remitiu este mesmo mércores a Alcoa, que é a multinacional a que "debe tomar a iniciativa" cos "interesados" en facerse coa fábrica de aluminio de San Cibrao, en Cervo (Lugo). Así o recolle a misiva enviada polo secretario xeral de Industria, Raúl Blanco, ao presidente de Alcoa en España, Álvaro Dorado.

Raúl Blaanco, secretario xeral de Industria
Raúl Blaanco, secretario xeral de Industria | Fonte: Europa Press.

Faino para "aclarar por escrito" a posición da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) en relación coa "posible venda por parte de Alcoa do seu negocio de aluminio primario e fundición de aluminio", e en contestación á carta remitida á súa vez pola empresa o pasado 28 de abril.

"Alcoa debe tomar a iniciativa da venda establecendo un contacto directo cos investidores interesados, constatando a súa solvencia e o seu perfil industrial", destaca o secretario xeral.

Neste sentido, ínstalle a "acometer o proceso de venda facilitando toda a información necesaria aos potenciais compradores para que poidan emitir ofertas vinculantes viables que garantan a actividade das plantas e o mantemento do emprego".

"A SEPI, como instrumento do Goberno de España, está disposta a estudar e traballar na proposta de venda que Alcoa alcance co comprador elixido", expón.

Neste sentido, apunta que a SEPI "non pode aceptar a proposta de indemnidade de Alcoa, xa que excede o marco normativo que lle é aplicable, pero quere manifestar a súa disposición a colaborar, como instrumento do Goberno de España, na creación de condicionesque faciliten un futuro industrial para a planta de San Cibrao e o seu emprego asociado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta