Dúas persoas de 85 anos, novos falecidos con Covid en Galicia

Elevan a 2.399 as vítimas da pandemia en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2021 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este xoves de dous novos falecidos con Covid-19 o que que eleva a 2.399 o total das vítimas da pandemia na comunidade galega.

En concreto, trátase dun home de 85 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) e que faleceu este xoves, segundo a información facilitada polo Sergas.

A outra persoa falecida é unha muller, tamén de 85 anos, que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e tamén falecida nesta xornada. Ambos presentaban patoloxías previas.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta