Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2021 | Actualizada ás 11:48
Máis de 1.072.707 galegos contan con polo menos unha dose da vacina, o 45,4% da poboación susceptible de recibila, e un total de 534.814 persoas completaron a pauta.
Segundo datos actualizados este domingo pola Consellería de Sanidade, foron inoculadas 1.595.240 doses --15.529 delas no último día--, o que supón o 96,96% das 1.645.165 recibidas. Por condición de vulnerabilidade, administrouse polo menos a primeira dose a 13.055 persoas de alto risco --17 máis que no día anterior-- e 8.794 completaron a pauta --1.433 máis--; mentres que 852.307 galegos recibiron polo menos unha dose pola súa idade --10.402 máis-- e 409.186 finalizaron o proceso --8.287 máis--.
Tamén se inoculou polo menos unha dose a 17.107 dependentes non institucionalizados --tres máis-- e completaron a pauta un total de 15.238 dos mesmos --tres máis que na xornada previa--. En canto ás persoas dependentes institucionalizadas, que comezaron a se a vacinar o 27 de decembro de 2020, 23.640 recibiron polo menos unha picada --unha máis-- e 23.054 están inmunizadas --sen cambios--
Respecto dos vacinados por probabilidade de exposición, 74.759 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose --11 máis-- e 56.676 completaron o proceso --31 máis--, mentres que se administrou polo menos unha dose a 29.600 profesionais do ámbito sociosanitario --10 máis-- e 19.544 contan coa pauta vacunal completa --45 máis--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.