Drones buscan a un home desaparecido desde a tarde deste luns en Culleredo

Este martes únese ao operativo a Asociación de Cans de Salvamento e Rescate de Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

A unidade de drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) participa na procura dun home de 93 anos desaparecido desde a tarde deste luns no concello coruñés de Culleredo. Segundo informou o 112, o operativo de procura, coordinado pola Garda Civil, comezou pasadas as 22,00 horas deste luns no lugar de Pereiro de Arriba, na parroquia de Celas.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos mediante a chamada dun familiar do home, que informou da imposibilidade de localizalo na zona. Por iso, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias comunicáronllo á Policía Local e a Protección Civil do municipio.

Ademais, para colaborar cos medios desprazados, a Garda Civil solicitou a saída da unidade de drones da Axencia Galega de Emerxencias, que se desprazou ao lugar e participou, ao longo da noite, nos labores de procura polas zonas próximas á vivenda do desaparecido.

Este martes pola mañá os medios seguen activos no operativo, aos que se vai a unir a Asociación de Cans de Salvamento e Rescate de Ferrol.

Drones da Axega incorpóranse á procura de desaparecidos
Drones da Axega incorpóranse á procura de desaparecidos | Fonte: 112 GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta