A Xunta di que simplificará os trámites da valoración de dependencia para o "último trimestre do ano"

Di que busca facer efectiva "unha redución drástica do papelorio" que deben presentar as familias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2021 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

A Xunta traballa para simplificar os trámites e a documentación para acceder á valoración do grao de dependencia e, así, reducir "á metade" os tempos de espera de face ao "último trimestre do ano".

Así o explicou a conselleira de Política Social, Fabiola García, preguntada polos xornalistas, antes de reunirse este xoves en Santiago con responsables do departamento autonómico no catro provincias para trasladarlles as novas liñas do Plan de Choque de Dependencia, aprobado este mércores na reunión semanal do Consello.

A este respecto, asegurou que este será "o plan de dependencia máis ambicioso dos últimos 15 anos en Galicia" e "suporá unha importante axilización administrativa". Ante unha atención á dependencia que está regulada por oito decretos e 11 ordes, a titular de Política Social sinalou que esta iniciativa busca facer efectiva "unha redución drástica do papelorio" que deben presentar as familias e, así, diminuír "á metade" o tempo de espera "para acceder a unha prestación ou un servizo".

Nesta liña, indicou que se comezou a traballar nunha redución de decretos e ordes co obxectivo de refundir a "maraña administrativa" e a normativa que deben analizar as familias para coñecer a prestación á que teñen dereito e simplificar a documentación que deben presentar.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, preguntada polos xornalistas, antes de reunirse con responsables do departamento autonómico no catro provincias
A conselleira de Política Social, Fabiola García, preguntada polos xornalistas, antes de reunirse con responsables do departamento autonómico no catro provincias | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta