Localizado o home de 76 anos desaparecido este martes na Coruña

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 01/06/2021 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O home de 76 anos desaparecido este martes na Coruña foi localizado, segundo informa SOS Desaparecidos que emitira esta tarde unha alerta pola súa desaparición.

Veciño da Coruña desaparecido. SOS DESAPARECIDOS
Veciño da Coruña desaparecido. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Trátase de José Rodríguez Armesto, que desapareceu na xornada deste martes na cidade herculina, segundo precisaba nun aviso emitido de forma urxente.

O home, explicou a organización na información facilitada para facilitar a súa procura, ten 1,70 de estatura, é de complexión delgada e pelo canoso, con ollos marróns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta