Por E.P. | PONTEVEDRA | 02/06/2021 | Actualizada ás 10:52
A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra renovará a súa actividade presencial este mércores cun taller de poesía que impartirá o autor vigués Antonio García Teijeiro.
O curso de poesía, para o que se cubriron as 15 prazas ofertadas, terá lugar este mércores e o próximo 9 de xuño no edificio administrativo da Deputación en Pontevedra entre as 18,00 horas e as 20,00 horas, segundo detallou a institución provincial.
Deste xeito, a Escola de Letras retomará a súa actividade presencial despois de que os primeiros talleres deste ano, impartidos pola autora Inma López Silva, se desenvolveran de modo telemático.
Tras o taller a cargo de García Teijeiro, a actividade da escola continuará en setembro, cando se celebrará o curso literario 'Escribir unha novela', que ofrecerá a escritora Anna R. Figueiredo en Vigo durante oito sesións que se desenvolverán entre o 15 de setembro e o 3 de novembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.