Condenan a dous anos de cárcere a un home por vender 0,37 gramos de cocaína nun semáforo de Ribeira

Os xuíces ordenan que a contía sexa devolta ao procesado porque non ven acreditado que os 850 euros que levaba consigo procedesen do tráfico de estupefacientes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

Un home foi condenado a dous anos de prisión por un delito contra a saúde pública tras ser descuberto mentres vendía cocaína a un condutor nun semáforo do centro de Ribeira.

A sentenza, emitida polos maxistrados da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago; considera probado que este individuo, ao que se recoñece unha adicción ás drogas, entregou unha bolsa que contiña 0,371 gramos de cocaína a un condutor.

Os feitos tiveron lugar en agosto de 2019 no Malecón de Ribeira, onde uns axentes da policía descubriron a operación e interceptaron as sustancias, que tiñan unha pureza do 73% e estaba valorada en 33,57 euros.

No momento da detención, o agora condenado, ao que o tribunal recoñece unha adicción ao consumo de cocaína, levaba consigo 850 euros, aínda que os xuíces non ven acreditado que este diñeiro procedese do tráfico de estupefacientes, polo que ordena que a contía sexa devolta ao procesado.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación.

Cocaína intervida por axentes da Policía Nacional
Cocaína intervida por axentes da Policía Nacional | Fonte: Policía Nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta