Morre outra persoa máis tras quedar atrapado debaixo dun tractor

O accidente tivo lugar a última hora da tarde deste mércores na Estrada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 22:22

Comparte esta noticia

Un home de 52 anos de idade que responde as iniciais J.R.C. faleceu a tarde deste mércores tras quedar atrapado debaixo dun tractor na parroquia de Arca, no municipio pontevedrés da Estrada.

O accidente de tractor ocorreu ao redor das 19,00 horas deste mércores e o 061 trasladou ao lugar un helicóptero, unha ambulancia asistencial de soporte vital básico e persoal sanitario do punto de atención continuada da Estrada.

No entanto, o equipo médico só puido confirmar a morte no lugar dos feitos do home, segundo informa o servizo de emerxencias do 112 Galicia, que tamén deu a alerta aos bombeiros do Deza e ao servizo de emerxencias da Estrada.

Accidente con tractor emborcado
Accidente con tractor emborcado

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta