Falecen dúas persoas que foran diagnosticadas con COVID, o que suma un total de 2.426 mortes

Ambos os pacientes tiñan patoloxías previas, segundo Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2021 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

Galicia contabiliza xa un total de 2.426 falecementos vinculados á pandemia despois de que nas últimas horas as autoridades sanitarias informasen de dous novos decesos.

Estas mortes rexistráronse o pasado xoves día 3 en Santiago e Cee. Trátase dun home de 73 anos hospitalizado no CHUS e unha muller de 67 anos ingresada no Virxe da Xunqueira.

Ambos os pacientes tiñan patoloxías previas, segundo Sanidade, que notificou falecementos vinculados á pandemia todos os días desta semana.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta