Por E.P. | A CORUÑA | 07/06/2021 | Actualizada ás 15:08
O secretario xeral de Educación, José Luís Mira, considerou este luns que Galicia podería contar con medidas máis flexibles de face o inicio do próximo curso escolar na medida de que o proceso de vacinación siga avanzado.
Así o sinalou a preguntas dos medios este luns, no que lembrou que a Xunta está á espera de que os Ministerios de Sanidade e de Educación concreten as pautas necesarias para poder desenvolver os protocolos do próximo período académico.
O secretario xeral de Educación sinalou que, no momento que poida, a Xunta "elaborará e porá a disposición de todos os centros o protocolo para o inicio de curso".
Respecto da selectividade, que se desenvolve esta semana en Galicia, destacou o "gran traballo" da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) para lograr que poida realizarse con normalidade nas datas previstas.
O protocolo realizado pola CIUG, con medidas concretas como "unha maior distancia interpersoal", é "parecido" ao aplicado o pasado ano e para o das oposicións, que tamén se realizarán nas próximas semanas. Estas contarán cun maior número de tribunais, "para que haxa unha maior dispersión con menos tumulto".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.