Desarticulan un laboratorio de droga que distribuía licor de marihuana e crack

Detidas seis persoas, das que dúas xa ingresaron en prisión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2021 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

A Unidade contra a Delincuencia e o Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional desarticulou en Meis (Pontevedra) un laboratorio que procesaba droga e confiscou case un quilo de crack a unha organización que se dedicaba á introdución, cultivo, preparación e posterior distribución de importantes cantidades de droga en Galicia.

Nesta operación, denominada Aceifa, detívose a seis persoas, cinco pontevedreses e un cidadán de orixe húngara, e desmantelouse un laboratorio que procesaba case todos os tipos de droga que proliferan na comunidade: marihuana, haxix, cocaína, heroína e crack.

O grupo 2 da Udyco de Pontevedra incautou 110 quilos de cogollos de marihuana, 1,5 quilos de heroína, 1,5 quilos de cocaína, 800 gramos de crack, dous quilos de haxix e 50 litros de licor de marihuana, 35 quilos de corte, documentación, unha prensa hidráulica, unha mesturadora industrial, secadoras, balanzas de precisión, ao redor de 400 euros, vehículos e varios teléfonos móbiles.

O laboratorio estaba situado nunha vivenda do lugar de Mosteiro, no concello de Meis. Ademais da droga os axentes confiscaron documentación, unha prensa hidráulica, unha mesturadora industrial, secadoras, balanzas de precisión, diñeiro, vehículos e teléfonos móbiles, entre outro material.

A investigación está dirixida polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Cambados e continúa aberta, polo que non se descartan máis detencións. Dous dos detidos xa entraron en prisión.

Tanto os responsables do operativo como a comisaria provincial, Estíbaliz Palma, e a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba, destacaron pola súa transcendencia a incautación do crack, tendo en conta que este derivado da cocaína é "unha sustancia especialmente adictiva e perigosa para a saúde" e cuxa incautación é "pouco frecuente en Galicia".

Droga intervida na operación na que se desarticulou un labotorio en Meis (Pontevedra). POLICÍA NACIONAL
Droga intervida na operación na que se desarticulou un labotorio en Meis (Pontevedra). POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta