A CIG pide a dimisión dos responsables da delegación da Xunta na Coruña polo brote detectado

A central sindical asegura que non se lles informou, que ocultaron información e non actuaron coa dilixencia requerida.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/06/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A CIG pediu a dimisión de responsables da delegación da Xunta na Coruña polo brote detectado no edificio administrativo de Monelos, cun cribado aos traballadores tras tres positivos, do que informaron a pasada semana responsables da mesma.

A central sindical asegura que na reunión da Xunta de Persoal Funcionario do pasado venres non se lles informou. "Ao contrario, foi a representación da CIG quen tivo que sacar este tema tras ter coñecemento da situación por unha traballadora", apostila.

Tamén sostén que "a administración lle quitou ferro, coma se tivese unha importancia mínima, cando non é así, sen ofrecer máis explicacións", critican desde a sección sindical da CIG de persoal funcionario da Coruña.

Por todo iso, esixen a dimisión de responsables da Delegación Territorial da Xunta na Coruña e da xefa territorial de Presidencia, "responsable directa do servizo onde se deu o brote, por non actuar coa dilixencia requirida, ocultar información e nin sequera reunir ao Comité de Saúde Laboral do edificio para advertir dos contaxios e dar conta do alcance do brote", sostén.

Edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña
Edificio administrativo da Xunta de Galicia na Coruña | Fonte: Elisardojm - Wikimedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Amparo

O único que lles importou foi que houbera xente na Rúa esperando. Que pasara xente a un espazo con tres positivos confirmados e bastantes contactos estreitos non lles importou. Non a saude dos traballadores non a da cidadania. A xefa territorial non saiu do despacho en toda a maña agás para ir al café e a compra. Unha verdadeira vergonza.